Friday 17 de May de 2024

A xuntanza coas familias das nenas e nenos participantes en “Un verán diferente” terá lugar en dúas quendas


O vindeiro luns, 13 de xullo, á partir das 20:00 h no salón de plenos da Casa do Concello, terá lugar a xuntanza coas familias dos/as participantes no programa “Un Verán diferente”.
Para garantir as limitacións de aforo e a distancia de seguridade entre os asistentes, a reunión efectuarase en dúas quendas. A primeira comezará ás 20:00 h. e a segunda ás 20:45 h. As familias poden consultar a quenda que lles corresponde a través da páxina web do Concello de Fene (www.fene.gal).
Todas as persoas que vaian participar na xuntanza deberán vir provistas de máscaras e recoméndase que só asista UNHA persoa por UNIDADE FAMILIAR.
No decurso da reunión presentarase o equipo de monitores/as e informarase sobre as normas de funcionamento, protocolo e medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán no decurso do campamento.